O libro “Irene y las puertas del fútbol. Historia de una pionera” xa está na rúa

Video: Real Federación Galega de Fútbol

Se hai unha terra de precursoras do fútbol feminino esa é Galicia. Coñecida é a epopea do Karbo, primeiro campión nacional nos anos 80. Pero antes delas estiveron os mulleres de Elviña, nos 60, e, sobre todo, Irene González Basanta, a primeira futbolista profesional española. Irene a porteira foi unha precursora que hai case un século desafiou todo tipo de convencións para primeiro alistarse en equipos masculinos e despois crear o seu propio. En 1928 faleceu con só 19 anos e convertida nunha celebridade.

Este libro escarba nas súas vivencias e acode por primeira vez a fontes familiares para reconstruír a súa personalidade e a contorna da muller e o deporte entre finais do século XIX e os anos 20 do XX. A partir de aí trázase unha evolución do fútbol feminino en Galicia ata a eclosión actual. “Por favor, escribide unha historia bonita”, pediu aos seus autores, Juan Luis Rodríguez Cudeiro e Rubén Ventureira, a parente viva de maior idade da porteira, a súa sobriña Matilde, cuxo testemuño serviu para reconstruír con máis rigor que nunca aquela aventura. “Escribídea para que todas esas nenas que agora xogan ao fútbol saiban o que pasou”, rogou. Así se fixo.

A presentación oficial da publicación tivo lugar este martes no Palacio dos Deportes de Riazor, na Coruña. Ao mesmo asistiu o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, posto que a Federación colaborou de forma activa para que este libro sexa hoxe unha realidade. O propio Rubén Ventureira, uno dos autores do libro, así o dixo durante a posta de longo: “Este proxecto naceu nunha conversa que mantivemos hai un par de anos co presidente da RFGF, que veu con moi ollos a iniciativa”, sinalou.

Louzán, durante a súa intervención, felicitou tanto a Juan Luis Rodríguez Cudeiro como ao propio Rubén Ventureira por facer realidade este marabilloso proxecto, destacou a figura de Irene González Basanta como gran precursora do noso fútbol e animou a todos os alí presentes a mergullarse nunha historia realmente extraordinaria. Para finalizar, o presidente da Federación destacou que que mellor agasallo de Nadal para estas datas que agasallar esta publicación, así como a volta do fútbol autonómico para o 2021.

Na presentación tamén estiveron presentes Matilde, a sobriña da gran protagonista do libro; a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez.

http://www.futgal.es/pnfg/NNws_ShwNewDup?codigo=23751&cod_primaria=5000289&cod_secundaria=5000289#.X9kwS-lKhE4

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *